O fútbol regresa esta fin de semana logo do parón polo Nadal. E o fai con dous partidos moi importantes para os equipos da comarca que disputan a Liga Galega Xuvenil. O Boiro iniciará o ano xogando no campo do Ribadeo e o Cidade de Ribeira contará co arroupo da súa afección no seu enfrontamento contra o Imperator.
Os boirenses encaran a volta á competición cun claro obxectivo: sumar de tres para seguir apertando a clasificación. O cadro adestrado por Rubén López rematou o 2022 vencendo na casa ao Olímpico por 2-1, unha nova vitoria que mantén os de Boiro a tan só un punto do primeiro posto da liga, ocupado polo Victoria CF. Esta é a distancia que queren recortar para liderar a competición e o primeiro paso o darán esta fin de semana ante o Ribadeo. O partido terá lugar o sábado día 7 de xaneiro no campo Pepe Barrera e o esférico comezará a rodar ás 12.30 horas.
O Cidade de Ribeira tamén precisa facerse coa vitoria, aínda que no seu caso para afastarse da zona perigosa da clasificación. Os ribeirenses afronta a volta á competición dende a décimo sexta posición co obxectivo de sumar de tres para escalar postos. O equipo adestrado por Adao Oliveira pechou o 2022 cunha derrota e quere retomar a competición cun triunfo. En fronte terán ao Imperator, oitavo clasificado e que gañou o seu último partido antes do parón. Este primeiro encontro do ano xogarase no campo anexo da Fieiteira este sábado ás 17.00. o Cidade de Ribeira contará co arroupo da súa afección para empezar o 2023.