O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar as bases dos procesos selectivos convocados para a cobertura de prazas dentro do proceso extraordinario de estabilización en Rianxo. Unha vez asinado o decreto por parte da Alcaldía publicáronse as bases dos procesos selectivos para a cobertura das 59 prazas, ao abeiro da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza