O Club Remo Puebla, sociedade sen ánimo de lucro, vén de denunciar a falta de entendemento co Concello de A Pobra e Portos de Galicia. Todo debido ás instalacións que teñen para levar a cabo os adestramentos dos máis de 100 deportistas.
Actualmente están usando unha nave no porto cedida por Portos de Galicia. O problema é que agora o club está recibindo as facturas do alugamento sen haber firmado ningún tipo de contrato e das que non poden facerse cargo.