“En ningún momento da historia do concello de Boiro chegouse a estas cifras de apoio ao deporte municipal”. Así respondía Dores Torrado de Boiro Novo e actual concelleira de deportes ás críticas Fernando García do grupo popular, debido á tardanza no pago das subvencións a clubs e entidades deportivas.
Trátase dun incremento do 70% no deporte con inversións realizadas como a adquisición de una nova trainera para el club de Remo, un barco dragón para o de piragüismo ou as reformas en campos de fútbol como os de Bealo e Cures.