57 nenos e nenas de entre 5 e 17 anos correron por Lousame na cuarta edición do Pequetrail Lousame. A proba, que naceu no ano 2019, desenvolveuse na contorna do polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra e contou coa maior participación ata a data.
Os primeiros en saír foron os cadetes e xuvenís, que percorreron uns 7 qm. O grupo máis numeroso, os 28 alevíns e infantís, cubriron unha distancia de 2 qm. Mentres os benxamíns afrontaron algo máis de 500 metros. E os máis pequenos, os xabaríns, uns 300.
A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, entregou as medallas a todos os participantes, así como unha cinta deportiva Hanker e un pequeno avituallamento con froita e chocolate. Unha tarefa compartida polos técnicos de Cultura, Deportes e Voluntariado de Lousame.
Nesta cita contouse coa colaboración como é habitual do Voluntariado lousamiá, do Club de Atletismo Lousame, da Cruz Vermella de Noia e de Protección Civil de Lousame.
A seguinte proba deportiva será o Trail este domingo 11 de decembro e a Andaina Solidaria, o sábado 17 de decembro. As persoas interesadas aínda poden abortarse na web www.emesports.es.