Aguiño e Boiro contará con novos Centros de Estimulación Terapéutica este decembro. A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (Agadea Alzhéimer) incrementa así a súa presenza no Barbanza.
Os dous novos centros buscan retardar o deterioro cognitivo traballando a memoria, a orientación, a linguaxe e o cálculo co fin de mellorar a calidade de vida das persoas maiores, así como se benefician as relacións interpersoais.