Música, teatro, obradoiros, inchables e a visita de Papa Noel e os Reis Magos. O Concello de Porto do Son presenta a programación para celebrar este Nadal ao grande, sen restricións. As actividades arrancan mañá co espectáculo de maxia “Parece mentira” de José Rivera e continuarán ata a cabalgata dos Reis Magos.
Os cativos poderán desfrutar do musical O mundo máxico de Pinocho o 10 de decembro. A programación seguirá con música co Festival das Pandereteiras de Escola municipal,o concerto de Nadal do Alumnado de Piano da Escola Municipal, a charanga os Celtas, O concerto da Banda de Suevia. e o Baila en Nadal na Escola de Danza Municipal.
Ademais este ano volverán os obradoiros, ademais dos inchables para aos pequenos e pequenas.