A celebración da integración volve a Boiro. Asociación Amicos gozou da quinta edición do xa tradicional festival da integración, Festirititi.
Xogos, risas e moita participación por parte dos integrantes da asociación así como os máis de 1000 nenos e nenas de 16 centros educativos de Boiro, Ribeira, A Pobra e Lousame, que durante está mañá percorreron o parque de A Cachada xogando, a favor da inclusión.