750 deportistas correran por Boiro este domingo co motivo da décimo sétima edición da carreira popular Mar de Boiro, memorial Pepe Buceta.
A primeira categoría en saír será axeral de 10 quilómetros sairá ás 11.00h da rúa Principal, baixará pola Av. de Compostela ata Praia Xardín, percorrerá o paseo marítimo ata o Saltiño; pasará pola Pedra da Bouza e Triñáns ata Mañóns; regresará a Boiro pola estrada de Abanqueiro e o núcleo da Boliña ata a rotonda de Espiñeira e volve pola rúa peonil onde se atopa a liña de meta.
Mentres os escolares, correrán 2.500 metros dende a rúa Principal, e volverá pola Avenida da Constitución ata a rotonda de Avanqueiro e volverá a meta pola rúa Peonil. As carreiras Mini e Supermini farán o percorrido de 200 metros pola rúa peonil.
A entrega de premios será na Praza de Galicia e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e para os tres gañadores absolutos, tanto masculino como feminino. Premiaranse tamén aos tes primeiros corredores e tres primeiras corredoras de Boiro; ao participante de maior idade e haberá premios para a clasificación de Sapatilla Inclusiva para persoas con discapacidade.