O “Barbanza Arousa + que tapas” da Mancomunidade Barbanza Arousa chega ao seu fin. Esta fin de semana o evento gastronómico que une comida e viño co fin de promover o territorio estará en Ribeira.
Mañá venres ás 20 horas terá lugar o túnel de viño, unha cita enolóxica dirixida polo sumiller Juanjo Figaroa, onde se catarán 9 botellas de viño, 3 de cada adega do territorio: Entre os Ríos, Saborido e Cazapitas. E durante o sábado e o domingo, os locais ofrecerán tapas por 2,5 euros, que poderán maridarse cos viños da Indicación Xeográfica barbanzá.
As persoas poderán volver votar as mellores preparacións, a través do código QR que haberá en todos os establecementos participantes. Así entrarán no sorteo e poderán optar a varias experiencias como son o bautismo de deporte náutico, unha ruta veleiro pola ria de Arousa, unha comida para dous persoas e dúas entradas para o monólogo do humorista David Amor.