A Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada acolleu esta mañá un acto moi especial para a Policía Autonómica. Hoxe entregáronse as medallas deste corpo de seguridade, cerimonia á que asistiu o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva. Na gala, na que tamén interveu o comisario xefe da UPA, Jorge Rubal, recoñeceuse a permanencia de 77 axentes policiais con diferentes graos de antigüidade.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza