O Hostal dos Reis Católicos acolleu o desenvolvemento do foro de debate Next Generation Galicia, organizado por elEconomista. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, interveu na clausura do mesmo, onde destacou a xestión do Goberno galego destes fondos europeos. Na súa exposición, o titular do Executivo autonómico instou ao Goberno central a axilizar o seu reparto para que Galicia non perda a oportunidade de seguir optando a eles.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza