3 mil euros en bonos repartirá a Asociación Boirense de Empresarios (ABE), a través da campaña de Nadal que durara dende este venres 2 de decembro ata o 8 de xaneiro. Unha actividade que pretende incentivar as compras e premiar a fidelidade dos clientes.
Para participar, os clientes deberán rexistrar os seus tíckets ou facturas de compra en calquera das 200 empresas asociadas na web da Abe . O sorteo de 3.000 € en BONOS ABE divídense en 1 premio de 1000 € e 10 de 200 €. O sorteo levarase a cabo o luns 9 de xaneiro.