Preto de 400 ciclistas daranse cita na XXXV do Ciclocrós Concello de Boiro 2022. O 6 de decembro volve esta competición organizada polo Club Ciclista Barbanza, polas inmediacións do estuario do río Coroño.
Esta nova edición do ciclocrós está aberta para as categorías Cadetes, Xuvenís, Elite, Sub 23, Master 30-40-50-60, tanto en masculino como feminino.