O CB Berberecho Noia volveu á senda da vitoria logo de apañar dúas derrotas seguidas por cinco puntos na primeira División Masculina. Os noieses desprazáronse esta fin de semana ata O Grove para medirse ao Rafonca Puertas y automatismos O Meco e de onde trouxeron o tan ansiado triunfo.
Os xogadores adestrados por Ángel Castro firmaron un parcial de saída de 0-8 e a pesar dos intentos locais por reducir a distancia o primeiro cuarto foi para os noieses. No segundo período o Noia non estivo preciso en ataque e o Meco acercouse no marcador, o que obrigou ao adestrador a pedir un tempo morto que espertou aos noieses. Rematou este cuarto co 26-34 favorable ao berberecho.
O terceiro periodo foi o mellor para os xogadores visitantes, que amosaron un gran baloncesto para poñer o 34-54 no electrónico. O derradeiro cuarto inicouse con 17 puntos de vantaxe para o Noia, sen embargo un novo apagón dos xogadores igualou as cousas na pista. Cando máis igualado estaba o xogo, apareceu Santi Lope que firmou 2 triplas seguidas para abrir unha nova brecha. Finalmente o marcador reflectiu un 58-75 favorable aos noieses, entre os que destacaron Manu Prates con 18 puntos e Santi Lope con 12. agora son sextos con 3 vitorias e 4 derrotas.
O CB Noia O churrasco do Floro, que disputa a terceira division senior masculina, tamén se fixo coa vitoria no seu enfrontamento ao Ames. Os noieses volveron á competición tras un parón no calendario e fixérono vencendo a domicilio ao ames por 35-57. as seguintes tres xornadas as xogarán na casa e serán claves para facerse co liderado da líga.