A Casa do Concello de Lousame recibiu esta maña a visita da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Angeles Vázquez. A titular do departamento de Medio Ambiente e a alcaldesa do municipio, Teresa Vilaverde, asinaron esta maña o convenio polo que o municipio contara con 237.000 euros en prestamos sen intereses ao amparo do Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. No caso de Lousame, investiran estes fondos en cinco actuacións.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza