O salón de plenos de Ribeira acolleu a pasada noite a sesión ordinaria de novembro. Na mesma, o Goberno local presentou unha moción de urxencia para tratar de novo a posible aprobación dos orzamentos do 2022. O alcalde ribeirense, Manuel Ruiz, afirmou que cometera o erro de pensar que os grupos aprobarían a súa proposta pensando nos beneficios para o municipio. Intentouse chegar a acordos cos grupos. Suma Ribeira e BNG rexeitaron as propostas. Mentres que o PBBI non respondeu a elas, segundo afirmou Ruiz. As tres agrupacións mantiveron o seu voto do pleno anterior.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza