O pasado mes de outubro botou a andar unha nova edición do obradoiro de Emprego Tahúme no que colaboran os concellos de Ribeira e Porto do Son. Unha vintena de alumnos estanse a formar en confección de redes e en cociña. Estes últimos tiveron esta mañá unha xornada diferente xa que recibiron unha formación na que se afonda na nutrición saudable impartida pola empresa ribeirense “A Arte da Saúde”.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza