Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller e os concellos da contorna desenvolveron numerosas actividades nas que se recordou ás vítimas deste tipo de violencia. En Ribeira a praza do Concello foi o centro neurálxico onde se reuniron alumnos dos centros educativos do municipio e onde se amosou o rexeitamento á violencia de xénero.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza