O Concello de Outes anunciou esta mañá o acordo con Capital Energy, promotor do parque eólico “Banzas”. O pacto implica que a empresa achegará o 2,5% da facturación anual dos muíños situados no termo municipal a iniciativas de desenvolvemento económico e social, na contorna dos parques. Trátase dunha cantidade que nunca será inferior a 40 mil euros anuais.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza