Preto dunha vintena de persoas de distintas nacionalidades acudiron ao Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira para coñecer as últimas novidades en materia de estranxeirismo e asilo. Esta é a primeira charla que organiza o concello xunto á ONGD Sen Valos.
A seguinte sesión será este mércores 23 de novembro ás 15:30 horas e versará sobre a modificación do regulamento de estranxeiría.