“Madeiras vivas” é a nova exposición que acolle o Lustres Rivas de Ribeira, ata o 17 de decembro. Unha mostra de 20 creacións do escultor ourensán Xosé Manuel Rodríguez, Moxom, e que foi inaugurada o pasado venres.
Figuras de mulleres en distintas madeiras así como salgueiros, castiñeiros ou plátanos compoñen “Madeiras vivas”. Unha colección con varos matices e que require de varias miradas.