Volve a celebración que reunirá ás persoas maiores de 60 anos, o Xantar de Confraternidade da Pobra. A cita será o venres 2 de decembro ás 14.30 horas, no polideportivo municipal de Venecia. A cita contará con música tradicional a cargo de Trécola e Trío musical Mar Davila. Ademais, realizarase un sorteo de agasallos doados por empresas colaboradoras.
O prezo da entrada é de 15 euros por persoa e o prazo de inscrición abrangue dende o día 14 ao 29 de novembro e o trámite débese formalizar no primeiro andar da casa consistorial.