O equipo sénior da 1º división autonómica, Club Berberecho de Noia afianza a súa vitoria no partido desta fin de semana., contra o Porriño baloncesto Base.
Dous tiros libres do base Noies Manuel Prates, abrían o marcador dun partido que estaría dominado polos noieses. Tras o 15 a 9 do primeiro parcial, o acerto dos locais dende a liña de 3 puntos no segundo acto, propiciaba que se fosen ao descanso cunha renta de 15, 36 a 21.
Xa no ecuador do terceiro cuarto, os locais estaban a 20 puntos de diferencia 56 a 36, novamente apoiados no acerto dende a lia de 3 puntos, onde estaba Luka Vukcevic.
Xa no final con 19 puntos de vantaxe, todo semellaba que os de Ángel Castro terían un final tranquilo, pero os visitantes, liderados polo porriñes Alex Lamas comezaron a recortar distancias. Cabe destacar a aportación do junior noies Roi Gonzalez no tramo final do encontro, máis aínda ante as baixas pdo tamén junior Anxo Vazquez e Angel Gómez. Finalmente a victoria ficou no Alonso Rodriguez nun último cuarto deixando o marcador en 70 a 64, dando por gañadores aos noieses, que se enfrontarán esta fin de semana ao CB Allariz.