O Concello de Rianxo encheuse onte de corredores e afeccionados. O municipio celebrou a VIII carreira popular, incluída no V circuíto impulsado pola mancomunidade Barbanza Arousa e no VII da Deputación provincial. Un total de 761 corredores participaron nesta nova edición da carreira, dos cales máis de 300 o fixeron na categoría absoluta. Entre todos eses nomes houbo dous que destacaron: Pablo Otero no apartado masculino e Sandra Mosquera no feminino.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza