O Concello de Boiro destaca o labor social e o voluntariado do municipio de persoas, entidades e empresas que realizan un traballo desinteresado en beneficio da sociedade, a través da entrega de distintivos benestar social. Un galardón promovido pola Concellería de Servicios Sociais.
O acto celebrado o pasado venres estivo conducido pola artista Sabela Ramil, e participaron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cristina Pichel.