A Cachada vibrou co Boiro Voleibol nesta última xornada da Superliga. A afección empurrou ao cadro local durante todo o partido, encontro no que os brancos deixaron momentos de moi bo xogo, dando a cara ante o Léleman Conqueridor Valencia, terceiro na clasificación. O partido iniciouse co primeiro punto no que os boirenses colocáronse ao fondo da pista como protesta pola falta de resposta que están recibindo do Concello nos últimos meses. E rematou cun 1-3 para os visitantes pero que deixou bo sabor de boca en Boiro.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza