O Concello de Lousame está a vivir unha serie de roubos que están a causar medo e inseguridade entre a veciñanza. Estes feitos comezaron a darse antes do verán realizando pequenos furtos, como extraer combustible de vehículos estacionados preto da casa do concello, subtraendo un remolque do concello, que co tempo foron empeorando. Ata baleirar o interior dunha vivenda recentemente amoblada. Aínda que os últimos sucesos que se rexistraron a partir de setembro na parroquia de Tállara foron un paso máis alá.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza