O dirixente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, aproveitou a súa visita á vila Noiesa para achegarse ao club de Remo local. Nas súas instalacións coñeceu en primeira persoa o traballo que se desenvolve nas mesmas, ademais de entregar un novo vehículo para facilitar o transporte ás competicións aos remeiros e ás súas embarcacións.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza