O 6 de novembro, os maiores de Ribeira poderán volver gozar da Xuntanza do Maior de Ribeira, no pavillón da Fieiteira. O evento, cuxa apertura de portas está prevista para a unha da tarde, comezará cunha eucaristía na misa no templo parroquial de Santa Uxía e, de seguido terá lugar o tradicional xantar. A xornada estará amenizada con música amais dun sorteo de agasallos.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza