O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión con directivos de Urovesa, empresa dedicada a vehículos especiais. Rueda trasladoulles a intención de colaborar co proxecto de Formación, Emprego e I+D+i que están a deseñar para o sector da automoción. En concreto, Urovesa pediu a colaboración da Xunta para facilitarlle a procura de persoal cualificado ante a súa previsión de contratar a máis dun cento de persoas na área de mecánica, electricidade e pintura do automóbil. O presidente da Xunta quixo enxalzar o compromiso da firma coa Formación Profesional orientado ao emprego cualificado e de calidade.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza