O Concello de Noia está a ser a sede da Selección Española de Voleibol Feminina. As 16 xogadoras e o corpo técnico atópanse na vila noiesa adestrando e preparando a fase de clasificación para o Eurovoley, que se xogará o vindeiro ano. Nese camiño, o equipo enfrontarase este sábado ao combinado de Hungría, partido que se xogará no pavillón Alonso Rodríguez ás 19.00 horas.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza