A ribeirense María José Queiruga Santos, cuxo nome artístico é “Maby entre Girasoles” está a expoñer dende o día de hoxe e ata o día 17 deste mes unha exposición titulada “A Reciclaxe”. Trátase dunha mostra composta por unhas corenta obras elaboradas con materiais de refugallo, como táboas, pedras, piñas, corda, flores secas, cristais, entre outros.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza