O Barbanza Golf Pitch&Putt segue coa súa programación deportiva para a tempada estival. Así, este venres 5 de agosto dará comezo unha nova cita que non se poden perder os amantes do golf. Trátase do Torneo Tarrío e Suárez que xa conta con máis de 80 inscritos a falta de 1 día para o peche de inscricións. O evento comezará o venres a partir das 17 horas, mesmo horario para a xornada do sábado. Xa no domingo será a partir das 9 da mañá- A disciplina será un percorrido longo, individual stableford e puntuable. Para os aprticipantes inclúe un regalo de benvida, unha gran comida na xornada do domingo, con pulpo á feira, churrasco mixto, viño, e durante o café e o postre procederase á entrega de premios e realizando diferentes sorteos. Serán un total de 14 premios. Para as categorías scratch, senior, feminino e junior. Así como 1º 2º e 3º categoría. A xornada do domingo tamén contará con DJ Matrek, para poñer o ritmo no peche final.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza