O pleno municipal de Lousame, reunido na noite do venres 29 de xullo en sesión ordinaria, aprobou por unanimidade e sen debate dúas ordenanzas: a de Administración Electrónica e a reguladora da taxa pola prestación do servizo do Punto de Atención á Infancia. “No 2014 aprobaron a actual ordenanza sobre Administración Electrónica pero cambiaron moitas cousas dende aquela, sobre todo a nivel xurídico e técnico, polo que deciden actualizala”, explica Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame, quen indicou que o cambio na ordenanza fiscal do PAI “é para incluír a gratuidade do servizo establecido pola Xunta”.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza