O cadro noiés iniciou o seu traballo de preparación de fronte ao curso 2022/2023, no que os adestrados por Marlon Velasco realizarán o debut do club na Primeira División.
Os primeiros ladrillos da construción física e táctica do Noia Portus Apostoli FS 2022/2023 xa comezan a amontoarse. Despois da pertinente valoración médica a todos os xogadores por parte do doutor Gallego, o conxunto branco comezou a súa pretemporada no Pavillón Municipal Agustín Mourís coa presenza do corpo técnico, entre eles as tres caras novas Emanuel Santoro, Adrián González e Darío Moure, e un grupo de catorce futbolistas formado polos trece do primeiro persoal e Pau, do filial.
Nos próximos días iranse desvelando as datas dos encontros amigables que disputarán os noieses neste período de pretemporada, incluíndo os da V edición do Trofeo Portus Apostoli.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza