A Deputación da Coruña organizará a Copa 4×4 de Balonmán na Rúa cun total de 24 equipos mixtos das categorías alevín e benxamín e máis de 1000 inscricións abertas. Celebrarase entre os meses de setembro de 2022 e abril de 2023 en Carballo, Ribeira, As Pontes, Arzúa, Cerceda, Muros e Camariñas.
Poderán participar nenas e nenos de entre 6 e 11 anos empadroados en calquera concello da provincia, sendo necesario estar en posesión da correspondente licencia federativa para a tempada 2022.
Cada unha das sete probas, seis máis a fase final, desenvolveranse durante tres días, de venres a domingo. Os partidos terán unha duración de 26 minutos, divididos en dous tempos de 13 cada un e un descanso máximo de cinco minutos entre cuartos.
As inscricións para cada torneo realizaranse 15 días antes da celebración da proba, habilitándose os 5 primeiros días para os residentes en cada localidade e os seguintes 10 para completar o cupo de 25 equipos cos conxuntos de fóra do municipio onde se celebre a proba. A cuota de inscrición será gratuíta. As inscricións poderán realizarse a través do enderezo electrónico da Federación Galega de Balonmán.