O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a aprobación dun límite de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma para o exercicio 2023 de 12.599 millóns de euros, o máis alto da historia da Administración autonómica, para atender as prioridades dos galegos. Concretamente, o teito aprobado hoxe no Consello extraordinario da Xunta sitúase un 8,2 % por encima do orzamento do presente exercicio, o que permitirá elevar a capacidade financeira da Comunidade en 958 M€.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza