A conselleira do Mar, Rosa Quintana, fixo hoxe un chamamento aos visitantes dos areais sobre a importancia de respectar o traballo dos profesionais do marisqueo que na época de verán obteñen un terzo dos seus ingresos anuais. Así o destacou na praia grovense de Area da Cruz, que acolleu a presentación da campaña de sensibilización ‘Do mar, vívese’, posta en marcha polo Goberno galego en distintos areais de Galicia coa finalidade de concienciar un ano máis na época estival sobre os prexuízos que ocasiona a extracción ilegal de recursos marisqueiros aos profesionais desta actividade.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza