O Teatro Jofre de Ferrol acolleu onte a gala da quinta edición dos premios PEL promovidos pola Deputación da Coruña. A través destes galardóns a institución provincial recoñece cada ano ás mellores empresas, asociacións e clúster empresariais da provincia e aposta polo desenvolvemento económico. Os premios recaeron nesta ocasión nas compostelanas Diversa Technologies, INFONET e a asociación de empresarios Compostela Monumental. Tamén se recoñeceu con accésits o proxecto cultural AcercArte de Ferrol, a empresa Equipos Lagos, con sede no polígono de Bergondo, e a asociación de empresarios Agrela da Coruña.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza