O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, visitou esta mañá a explotación gandeira Facenda Currodeguas e Saragás, de Lidia Díaz Otero, en Abadín. Hai catro anos foi beneficiaria das axudas que outorga a Xunta e polas que segue apostando. Nese escenario, Rueda destacou que o Executivo galego investirá este ano máis de 37 millóns de euros en axudas para promover a incorporación da mocidade ao sector agrario galego.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza