O Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz loce unha vez máis a Bandeira Azul. O alcalde do municipio, José Ramón Romero, acompañou ao presidente do Náutico, Manuel Fajardo, e ao presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, no izado da mesma. Con este distintivo, o Náutico de Cabo de Cruz convértese no único da ría de Arousa no que ondea a Bandeira Azul, estandarte concedido pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor que o Náutico boirense renova por décimo ano seguido.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza