As remeiras de Cabo da Cruz seguen dominando o panorama do remo feminino. As boirenses non defraudaron, pisando forte o acelerador dende o principio ata o final. Só Chapela foi quen de manterlle o ritmo durante os primeiros compases, pero a partir do do terceiro sector, Cabo de Cruz comezou a distanciarse e finalmente leváronse o triunfo de maneira contundente, cun tempo de 22:53. Chapela foi segundo a máis de 10 segundos de diferenza. Ribeira rematou quinto, Puebla sexto e Rianxo sétimo. Na xeral as remeiras de Cabo de Cruz son líderes con 18 puntso, dous máis que Chapela.
Así mesmo, este fin de semana tivo lugar a Bandeira Marina Cabo de Cruz-Concello de Boiro, onde o club anfitrión tentou dar unha alegría á súa afección pero, a pesar de facer unha gran actuación, non puideron chegar ao podio. Finalmente os boirenses remataron no cuarto posto. A vitoria disputaríana Tirán Pereira, Samertolameu e Bueu. Finalmente, logo dunha apretada regata, foi tirán Pereira cun tempo de 20:37 quen se levaría o gato á auga. Segundo clasificado remataría Samertolameu cun tempo de 20:41 e terceiro Bueu, cun tempo de 20:49. o CR Rianxo finalizou en sétima praza con 21:06 e o CR Puebla 21:33. Con estes resultados Bueu lider a clasificación xeral con 34 puntos, 33 ten Samertolameu, 32 Tirán Pereira e máis atrás Cabo da Cruz con 23.