A semana pasada presentouse unha exposición baixo o nome de Marea Fotográfica, a cal foi realizada por un grupo de alumnos do IES da Pobra. Curiosamente, esta msotra desatou a polémica no concello, xa que o director do centro Museo Valle Inclán, lugar onde está exposta esta obra, sinalou a través das redes sociais que o museo é un edificio dedicado a poñer en valor e divulgar a vida e obra do autor e sinala que neste caso non é así. Desde o Partido Popular tamén criticaron o feito de expoñer esta obra no Museo Valle Inclán.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza