O Bloque Nacionalista Galego da comarca vén de denunciar a problemática que está a ter toda a ría de Arousa. Esta situación afecta a un dos sectores máis relevantes da zona: o da pesca, onde traballan miles de persoas. Os nacionalistas afirman que baixou a produtividade dos bancos marisqueiros e das pesqueiras polos problemas medioambientais da ría.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza