O primeiro Trofeo Concello de Outes de Piragüismo disputarase este sábado en Pontenafonso. A proba consistirá nun cirucito de dúas voltas nas que suman un total de dez mil metros de recorrido. A participación acollerá diferentes modalidades, como é canoa e kayak, tanto en barco individual como dobre. Así mesmo as categorías irán desde xuvenís ata veteranos, tanto en feminino como masculino. Deste xeito o priagüismo de competición volve a Outes, grazas ao gran traballo que están a realizar desde a refundada Escola Piragüismo de Outes. Así mesmo esta será a primeira proba das dúas que se disputarán este verán en Outes, a seguinte será circuito oficia da Diputación da Coruña o 23 de xullo.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza