Quince veciños do municipio van protagonizar o próximo sábado 2 de xullo un musical en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. A iniciativa xurde das clases de teatro musical que dende outubro do ano pasado Mimarte celebrou nun local situado na praza da Porta do Sol. No mes de decembro os asistentes decidiron que para o peche do curso no mes de xullo non había mellor maneira que escenificar un mini musical e decidiron que a gala tivera carácter benéfico en favor da AECC.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza