O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, felicitou esta mañá ao Hóckey Club Liceo por conseguir a súa oitava liga e poñer en valor a historia dunha entidade mítica para o deporte galego. “Parabéns a todos por levantar esta tempada unha nova Liga e unha Supercopa de España, que se suman á Copa do Rei que gañaron a pasada tempada na Coruña”, engadiu. Tras subliñar que unha das mellores cousas do deporte é a súa capacidade para transmitir emocións, Rueda subliñou que ningún éxito está illado e que detrás hai sacrificio colectivo e compromiso.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza