Nos últimos días resolveuse un curioso caso acontecido en Madrid no 2018. Por aquel entonces, nunha cea despois do traballo polas datas de Nadal, varios empregados saíron a celebrar as tradicionais datas. Momento no que logo dunha discusión na tragaperras, un dos presentes comezou a insultar a compañeiros e superiores, chegando a agredir a algún deles. Aos días seguintes deron parte á empresa e procedeus a levalo ao ámbito xudicial. Nun primeiro momento déronlle a razón á empresa que alegaba que iso provocaba un malestar para o grupo de traballo na empresa. Xusto despois o Tribunal Superior deulle a razón ao agresor que supostamente recibiría a indemnización de 21 mil euros e readmisión no seu cargo. Sen embargo a empresa recurriu ao Supremo, quen finalmente lles deu a razón e despediron ao ex empregado. A maioría dos veciños da comarca non consideran legal a acción.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza