O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega hoxe do seu respectivo equipo de excarceración para tarefas de rescate e actuacións en emerxencias aos GES de Friol e Mos e ao servizo municipal de emerxencias de Noia. Ao acto tamén acudiron o xerente da Axencia Galega de Emerxencias ( AXEGA), Marcos Araújo e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. Estes novos equipos supuxeron un custo total de 170.400 euros -máis de 56.800 euros cada un deles-, o que mostra o compromiso do Goberno galego coas emerxencias e co persoal que traballa neste servizo na comunidade co obxectivo que conten cos medios idóneos e necesarios nas súas intervencións.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza